top of page

​Ola!

Este ano traballamos o PDI "Cine e Literatura". Moitos filmes están baseados en obras literarias; outras veces, as menos,  sobre un filme creouse unha obra literaria. E tamén hai películas que non se basan en ningún libro.

Neste espazo propoñémosvos uns filmes de contrastada calidade que veñen sendo un complemento dos libros que non debemos deixar de ler porque sobre eles se fixera unha película. Cada cousa ten o seu valor.

De cada filme incluímos a ligazón para que a podades ver ou indicámosvos se a temos na biblioteca. Que teñades un bo ano de Cine e Literatura.

bottom of page